6.3.14

A entrevista coa nosa salvadora, María Pita

Temos o gusto de coñecer e falar coa salvadora de A Coruña, María Pita.

P-Bos días. Grazas por vir a falar connosco. É un pracer. Vamos coa primeira pregunta, teño escoitado que o teu nome realmente non é María Pita, é verdade?

R- Si é verdade, o meu nome é moito máis longo e a min gustame máis o curto.


P-Ti traballaches realmente na tenda dos teus pais?


R- Si gustame axudar aos que quero e sobre todo os meus pais.


P- Tanto gustache axudar, que axudaches a túa cidade no ataque dos ingleses non?

R- Gústame axudar como dixen antes e a miña cidade era importante, e non quería consentir que fora atacada polos ingleses e intentei axudala como puiden.


P- O teu primeiro casamento foi no ano 1581, casache con alguén máis?

R- Casei con outros tres homes máis, dous deles carniceiros, outro capitán e o último escudeiro.


P- Ten moitos procesos xudiciais, é unha persoa... por dicilo de algunha maneira "problemática"

R- Non, tiven bastantes problemas económicos e moitos deles por débedas, tiven un problema cunha acusación de asasinato pero fora mentira.


P- Por último e xa rematamos, na sua vida tivo moitas historias, cal foi a historia da que esta máis orgullosa?

R- A máis importante foi a defensa da miña cidade do ataque inglés. Foi moi importante para min.


Moitas grazas por vir a falar con nos. Espero volver a vela, un pracer.

Grazas a vós.