7.1.13

Unha noite no muiño. Unha noite non é nada..

 Todos algunha vez oímos falar dos muíños, pero nunca se nos ocorreu investigar sobre eles. Afondemos sobre a súa cronoloxía e o seu funcionamento.

Un muíño é unha máquina que serve para moer empregando a forza da auga ou do vento. Os muíños non son de agora, xa veñen sendo da época do paleolítico, no que se usaban para moer tubérculos.
En Galicia, a nosa terra, os primeiros muíños atopados son procedentes do neolítico. Muíños manuais onde fregábase unha pedra con outra para moer os gráns.

Dentro de todos os muíños podemos dividilos en catro grupos segundo a forza que utilizan para traballar, a súa posición e a forma de moer o alimento.
   
                                             Muíños de río, muíños de vento e muíños de mar.


Para o meu traballo de investigación centreime nos muíños de río. Estes muíños son postos en movemento mediante a forza do caudal do río. No seu interior dúas grandes pedras que xiran colisionando entre elas aplastan os grans ata que se obten a fariña.

Na miña aldea, Guitiriz, na provincia de Lugo, compre destacar un dos seus lugares mas emblemáticos. " Os sete muíños ". Chámase así porque conta con sete muíños distribuídos no longo da beira do río Fora. 
Están construídos de granito e recubertos de dúas augas con pizarra.







Este non é só un lugar coñecido polos habitantes da aldea, senón que numerosas persoas chegan ata este precioso lugar para realizar rutas de senderismo ou pasar un día en familia.