27.1.13

Erik o matadragóns


                  No século XV, no pobo de Peña do Porco, vivía un xoven granxeiro que non chegaria
       aos 18 anos chamado Erik que; cansado tras unha larga xornada no campo quedouse durmido
       no cortello dos cerdos...
     - Esperta lacazán. -bramou unha voz.
     - AAAAH!!!! -exclamou Erik sobresaltado.
     - Son teu pai, tes que traballar. -díxolle seu pai.
     - Perdóname padre quedeime durmido. -dixo Erik sollozando.
     - Eso xa o vin! -replicoulle seu pai.
     - Tiven o mesmo sono de sempre... ese no que mato un dragón e soy convertido nun heroe.
     - Deixa de soñar Erik! Eres un granxeiro e nunca deixarás de selo. -Desanimoulle seu pai.
     - Pero...
     - Nin pero nin pera e agora a traballar! -exclamou seu pai mentres saía do cortello.

               Erik nese intre animouse ao recordar que ese mismo día, había festa no pobo,
       xograres, trobadores e comerciantes xuntaríanse no pobo esa noite. Chegada xa a noite, Erik,
       vestiuse cumha das súas mellores roupas e, camiñou cara a praza do pobo, ao chegar unha voz
       chamoulle a atención, un xograr relataba unha historia:
       - Moitos foron en busca do dragón que escupe fogo polas súas fauces... algúns o lograron; pero
        que salieran con vida moi pocos. Din que os dragóns cortan o metal como se fora pel dun porco
        vulgar e que queiman pobos enteiros co seu alento.
       - Eu busco matar a un! -exclamou Erik.
       - Ti non buscas o dragón, el ven a ti! -exclamou con énfase o xograr.
               Tras estas palabras un grito soou por encima do xolgorio da festa.
       - Dragoooon!!!!!
               Un ruxido rechinou nos oidos da xente, Erik meteuse no pozo do pobo. Fóra o caos era late-
         xante; ainda que Erik estaba metido no pozo, notou a calor que producían as chamas do fogo.
         Erik do medo que tiña desmallouse...
        - Estas ben? -preguntoulle unha voz.
        - Si... ou eso penso. -respondeu Erik mentres erguíase.
        - Non tes ningún oso roto. -dixolle esa voz tan dulce.
         Erik que hasta entón non había aberto os ollos debido a conmoción, veu a aquela fermosa dama
         que le había salvado, debía de ter uns 18 anos ou menos, cabelos largos e marróns, ollos ver-
         des o sorriso máis fermoso que na súa vida; namorouse dela.
        - Grazas por todo fermosa dama -díxolle Erik.  
          A rapaza comezou a rir con disimulo, era evidente que á rapaza gustáballe Erik.
        - Non foi nada. -díxolle a rapaza.
        - Podo coñecer o nome da miña salvadora? -preguntoulle Erik.
        - Chámome Elenor e ti? -preguntoulle a rapaza.
        - Erik e son un humilde granxeiro. -respondeu o rapaz.
        - xa podes irte Erik... espero que nos volvamos a ver. -dixolle Elenor cun sorriso.
           Ao saír da casa poido ver a devastación que había causado o dragón. Comezou a correr cara a
          granxa; pero cando chegou alí, nada... non quedou nada xa non estaba alí, as bágoas recorreron
          o rostro de Erik o corpo do seu pai xacía no chan, sen vida. Erik cheo de furia gritou aos catro
          ventos e xuroulle venganza ao dragón asasino.
        
                   Foi ao mercado e vendeu toda-las súas pertenzas e comprou: unhas botas de coiro; un
          casco de aceiro; unhas luvas de coiro; unhas grebas de aceiro, unha cota de maia con graba-
          dos de dragóns e un arco. Seguiu o rastro de destrución, o que o levou a cova do dragón.
          Entrou na morada da besta, non tardou moito en ver o tesouro da alimaña; pero se algo é seguro
          sobre os dragóns é que non se alonxan do seu tesouro. Alí estaba tumbado enriba das mon-
          tañas de ouro, era moi grande de color vermella garras afiladas e unhas ás duns 8 metros cada
          unha; o que máis chamou a atención de Erik foi o gran rubí que tiña no peito o dragón
          relucía coma o sol polas mañás, debía ser seu. Cargou o arco e apuntou ao ollo do dragón,
          a frecha silbou polo aire e impactou no ollo do dragón o cal, ao estremecerse de dor golpeou
          a súa cabeza co teito e morreu ao ser empalado por unha estalactita da cova. O teito comezou a
          desprenderse debido ao cabezazo do dragón, Erik correu cara o dragón e arrancou do seu peito
          o gran rubí e saiu da cova. Volveu ao pobo co rubí e díxolle a todo o mundo que o dragón
          había morto, que el era o que o matara, foi a ferrería e dixolle ao ferreiro:

          - Quítalle un trozo ao rubí e fai un anel con el, e o resto repartelo co pobo.
          - Espere un momento señor- respondeulle o ferreiro.
                 Pasaron dúas horas nas que Erik recibiu eloxios de todo o mundo, comezáron a chamarlle
           matadragones un apodo digno dun heroe.
           - Xa está matadragones. - díxolle o ferreiro
           - Moitas gracias. - dixo Erik recollendo o froito do esforzo do ferreiro
                  O anel relucía coma un pequeno anaco de estrela na noite escura. Erik correu a casa na
            que coñeceu a Elenor... e alí estaba ela, Erik armouse de valor, a chamou e dixolle mentres
            se arrodillaba:
            - Elenor queres casar conmigo, un humilde granxero? - preguntoulle Erik co anel na man
             Elenor sen pensalo dúas veces respondeu:
             - Si quero.
          
                       E así Erik o matadragones e Elenor viviron felices o resto das súas vidas.