15.3.12

Maito Panduro

Este libro gustoume porque Maito é un neno moi intelixente para a súa idade e tamén porque a súa profesora Susana nunca lle reñe, sempre esta de bo humor con el e dille que le escriba ao seu pai. O pai dáme un pouco de pena, porque en primeiro lugar debe estar moi triste na cadea, porque está só, pero me gusta cando fai os debuxos para comunicarse ben Maito. Parece tamén un pouco triste que a profesora teña que bañalo porque non teñen auga quente nas chabolas, é un pouco inxusto que uns rapaces non teñen o que outros rapaces teñen. Realmente gustame de calquera maneira porque Maito está feliz coas cartas do seu pai e pensando na sua prima Pallas eo seu cabalo Fogo, e tamén no final o pai veno a buscar para irse a Pacillano tamén con seus irmáns e pai. E tamén me gusta porque fai moi rápidos cálculos matemáticos. Parece un libro moi divertido e a min me gustou a historia que conta, ainda que o que lles pasa e triste merece a pena lelo.


_________Iván 3ºB________________