13.12.11

Todos somos Balbino.

Durante este trimestre estiven lendo Memorias dun Neno Labrego. A pesar de que está escrito nun galego un pouco complicado a historia terminou por engancharme.

O personaxe ten varias cualidades, é aventureiro, vergonzoso, pícaro, valente e pobre. Por eso é fácil identificarse con el.

O que máis gustoume de el é o que loita pola súa dignidade, nunha Galicia rural onde os recursos son escasos e a xente o que máis lle importa é o que pense o resto das persoas.

Ao longo da lectura esto ocorre en varias ocasións. Onde mellor se ve é cando conta a morte do seu padriño, nese momento o pobo celebra o Carnaval e Balbino quere disfrutar das festas pero non lle deixan porque están de loito.

Recomendo a lectura aínda que custe entender algunhas das súas palabras.